Desde o Centro Comercial Travesía seguímonos sumando ás campañas de concienciación e sensibilización da Asociación Española Contra o Cancro e con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama, habilitamos un punto de recollida onde podedes depositar os vosos tickets de compra con data do 18 e 19 de outubro.
Por cada ticket de compra, entregado neses días, que se presente no punto habilitado, doaremos 1€ á AECC de Vigo en favor da investigación.
O noso obxectivo é alcanzar a maior cantidade posible e xuntos podemos marcar a diferenza, cada pequeno xesto conta para apoiar a investigación e loitar contra o cancro de mama.
¡Participa, é moi sinxelo, entrega o teu ticket no punto habilitado, contamos contigo!
«O rosa é so rosa, pero contigo, é máis que unha cor»