Caixeiro foi recollido sendo aínda moi jovencito (1 ano aproximadamente). Os voluntarios de Proxecto Gato, pensaron que se trataba dun extravío, polo bo que era, pero ninguén se interesou por el, e Caixeiro segue sen unha familia.
Foron pasando os anos e incomprensiblemente, Caixeiro segue no refuxio. Incomprensible porque é un gatazo incrible, que ten namorados a todos os voluntarios. É un gato dos que van recibirche cada día e o mellor dos anfitrións cando hai visita na protectora, achegándose o primeiro a modo de presentación, deixándose querer e subindo aos teus brazos se lle deixas. Non só iso, Caixeiro é un dos gatos máis «babás» de todo o refuxio, ¡os nenos adórano!
Cos seus compañeiros gatunos leva moi ben, é tan bueniño que as rifas non van con el, Caixeiro non busca problemas, só quere atención e caricias.
Este gato é adorable, un verdadeiro amor.
Desde Proyecto Gato queren compartir esta mensaxe: Caixeiro é positivo a inmunodeficiencia felina, unha enfermidade que a priori, supón o estigma de non poder convivir con outros gatos que non o son, pero realmente cunha convivencia tranquila, non hai posibilidade de que poida contaxiar a outro gato, e menos Caixeiro co anaco de pan que é.
Pon un positivo na túa vida.